
Ven surfear connosco
Tanto se pensas competir en surf,body ou paddle board, como se non. Se só queres aprender a surfear, a escoliña de Sada Surf Clube sempre estará aberta para ti.



Adestramentos
Dependendo dos grupos, adestran nunhas praias ou outras nas distintas modalidades de surf, body ou paddleboard.
En canto aos adestramentos en seco, con skate ou surfskate son, nas prazas de skate de Bastiagueiro ou Os Rosales, en A Coruña.
Os nosos monitores daranvos instruccións para poder adestrar con xeito, facendo primeiro os tan necesarios exercicios de crecemento en CADA CATEGORÍA
Baños nas nosas praias
Para comezar. Cales son as nosas praias? Dependen moito da categoría e nivel no que esteamos. Sempre, cando haxa un mar con ondas xigantes XXL nos iremos ao noso local na praia de Cirro, Veigue, no concello de Sada, ou mesmo na praia das delicias, na cidade de Sada.
En tecnificación estaremos en Barrañán, Caión, Razo, Orzán ou Pantín (mellor onda da Galiza).
No grupo de iniciación pola contra estaremos na praia de Bastiagueiro, ou no seu defecto Santa Cristina, Cirro ou Sada. No de Padleboard, pola contra, case sempre estaremos na Praia das Delicias, en plena cidade de Sada.
O noso clube
Con xente de entre 13 e 26 anos, como clube xove que somos, queremos brindar oportunidades a xente xove, ben sexa coruñesa ou sadense de, como ben se di noutro apartado da páxina se podan poñer en contacto coa natureza de xeito divertido.
Cada certo tempo, acordaremos facer unha competición individual, con premios do primeiro ao terceiro posto. A idea non é tanto competir como pasalo ben e poder mellorar día tras día.
Sobre os grupos
Grupo de iniciación. O adestrador deste grupo, o presidente do clube Xose Picatoste, adestra aos rapaces que empezan a facer calquera das nosas actividades ata deixalos nun nivel medio-alto, onde pasarían á equipa dirixida polo adestrador Antón Liste. Polo xeral o grupo de iniciación adestra nas praias de Bastiagueiro ou, no seu defecto, Cirro, ou Sada.
Equipa de Sada Surf Clube. O vicepresidente Antón Liste dirixe estas actividades. Xeralmente con xente a nivel competición ou pre-competición que teñen moitas ganas de mellorar cada día. Polo xeral van polas praias de Barrañán, Caión, Razo ou mesmo ás veces Pantín. Normalmete, tamén Orzán en A Coruña.
