Coñécenos!!!
A nosa equipa, formada xa fai tres anos, foi o primeiro clube de surf en Sada. Ubicado na comarca das mariñas, anosa principal actividade e o surf e bodyboard, aínda que tamén nos adicamos a outras actividades como o surfskate, para mellorar a técnica de surf e paddleboard se tan só queres dar un paseo pola ría. Esta actividade faríase por defectona praia das delicias da parroquia de Sada, na mesma cidade, podendo moverse pola ría e ir a praias como As Delicias en Sada, Miño, etc.
As nosas actividades, ao non ser entidade con ánimo de lucro, en principio son gratuitas e ceibes en principio para todo aquel que seña de Sada ou Coruña e quera coñecer o seu mar e porse en contacto coa natureza de xeito divertido.
Cómpre tamén ter en conta que, para aquel que non saiba e quera aprender será benvido nos grupos de iniciación co noso monitor, o presidente, Xose Picatoste Novo. Para os que xa teñan un pouco máis de nivel e saiban ir cunha shortboard á súa medida na parede da onda e teñan vocación de competición ou queran perfecionar sempre temos o grupo de perfeccionamiento con Antón Liste Alisedo, monitor con anos de experiencia e perfecto para tecnificación.

Tubo de medio metro na praia de Cirro, Veigue, Sada

O vice surfeando en Cirro

Antón Liste en Orzán dando indicacións aos riders.

Tubo de medio metro na praia de Cirro, Veigue, Sada
Rapaces da nosa escola
Ben sexa na modalidade de Surf, Body, Paddleboard ou Surfskate, nós tratamos aos nosos riders de igual a igual. Axudamos ás persoas con discapacidades a dar o mellor de sí e pasalo ben. Unha modalidade ou outra é igual. O importante é participar e sobre todo, sobre todo, disfrutar, independentemente do nivel.
Monitor de tecnificación
Como monitor de tecnificación do clube, Antón Liste Alisedo, ensinará aos rapaces a facer os adestramentos o máis divertidos posibles e preparar, tanto aos rapaces que queren competir como os que só queren mellorar técnica.
É unha excelente persoa que na medida do posíbel axudará aos alumnos a chegar a un nivel o máis elevado posíbel, tanto en surf como surfskate, paddle ou bodyboard.

Monitor de iniciación
Como monitor de iniciación do clube Sada Surf Clube, Xose Picatoste Novo, ensinará aos rapaces a facer os calentamentos previos, tan importantes antes de entrar á auga así como algunhas tecnicas de iniciación tal e como o take off, remada, non caerese facendo exercicios de equilibro e demáis.
Ao igual que Antón, Xose unha excelente persoa e moi importante para o clube que el mesmo fundou. Sendo presidente, na medida do posíbel, axudará aos alumnos a chegar a un nivel de precompetición, tanto que incluso practicará algúns trucos básicos con eles.
Unha vez que estes estean listos nas diferentes categorías, farán as probas evaluadas por Xose e Antón para pasar ao nivel de tecnificación.

Presentámoste a nosa Historia
Boas, rapaces. Imos contar aquí un pouco de historia do clube.
​
No ano 2016, o noso presi e monitor de iniciación en surf, Xose Picatoste, nin tan sequera estaba en ningún clube. Tan só era un estudante para as oposicións de profesor de secundaria en Lugo.
​
Nun destes viaxes, á volta da clase, Xose viu que ficou so nun grupo e, como tiña afán de surfear con xente de Sada, xuntou a todos os sadenses que facían ou querían aprender a facer surf formando o grupo Sada Surf Activity.
​
Un día, falou co seu mellor amigo, Antón Liste, quen lle dixo que lle gustaba a idea, pero que había que profesionalizar o logo, darlle un aspecto máis profesional e menos de debuxo.
​
Foi así como Xose creou un logotipo por Internet e llo propuxo ao seu amigo, quen dixo que lle gustaba e que lle dese corda. E feito isto Xose promocionou o logotipo.
​
Outro día, no verán, tentou levalo ao Rexistro de Entidades Deportivas de Galiza, co que Antón, o seu mellor amigo, quedou como Vicepresidente e Xose, como presidente da nova entidade rexistrada chamada SADA SURF CLUBE!!

COMPETICIÓNS
Aquí se irán publicando, a medida que saian, as diversas competicións organizadas polo clube, cartaces e demáis
