FAITE SOCIO DO CLUBE
O clube Sada Surf adícase ás actividades de surf, body e padleboard a redor de distintas praias cercanas a Sada e A Coruña. ÚNETE AO PRIMEIRO CLUBE DE SURF DE SADA!!

Praia de As Delicias
Ondas en lugar de Sada, Parroquia de Sada, Concello de Sada

Deportista do clube
Sada Surf Clube quere que todos os rapaces e rapazas sadenses e coruñeses se poñan en contacto coa natureza dunha forma divertida. Para poder ser membro do clube de iniciación debe cumplirse o seguinte.
Requisitos
- Ser maior de 5 anos.
- Ter un nivel de surfing medio ou baixo.
- Contar con tabla e neopreno propios.
- Ter ganas de xogar coa natureza e aprender a surfear. Da igual ser discapacitado ou non.
- Ter transporte accesible ata á praia, onde quedaremos ás 11 da mañá.
Deportista de competición

Listo para darte un baño curto? No grupo de perfeccionamento e competición, o noso monitor Antón Liste será o que faga os calentamentos previos tan importantes antes do entrenamento, no cal, faranse simulacións de competicións tendo en conta as mangas dos distintos campionatos.
Requisitos
- Ter polo menos 10 anos ou máis.
- Ter táboa e traxe propios.
- Contar cun nivel de surfing de pre-competición ou superior.
- Ser quen, cando menos de ir cunha shortboard na parede da onda, con tamaño mínimo de medio metro e máximo de tres.
- Pasar as probas avaliadas por Antón Liste e Xose Picatoste.